History : BahamasBahamas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Mancomunidade das Bahamas é un estado independente situado nas Antillas. Un arquipélago de 24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2.000 peñascos e escollos. Sitúanse no Océano Atlántico, ao leste de a Florida (Estados Unidos), ao norte de Cuba e das outras illas do mar Caribe, ao oeste das Turks e Caicos que pertencen ao Reino Unido. O idioma oficial é o inglés.
- HistoriaA primeira terra na que desembarcou Cristovo Colón no Novo Mundo en 1492 crese que foi na illa de San Salvador, chamada orixinalmente polos arahuacos Guanahani, e posteriormente Watling polos británicos, localizada ao sur do arquipélago das Bahamas. Alí, Colón atopou aos amigables arahuacos (tamén coñecidos como «lucayan») e intercambiou agasallos con eles. A posterior desaparición dos arahuacos e doutros pobos debeuse en gran medida a esta e a posteriores expedicións europeas á rexión. Inicialmente o arquipélago recibiu por parte dos españois o nome da poboación epónima dos lucayan ou lucayos, sendo así chamado Illas lucayas. O nome de "Bahamas" crese con bastantes fundamentos que provén do español «baixa mar», xa que gran parte das illas deste arquipélago só é avistable durante a marea baixa ou "baixa mar". Desde finais do século XV ata o século XVII, España controlou as Bahamas, aínda que as illas, pola súa situación estratéxica na "Ruta do Galeón" (e por formar o arquipélago un auténtico labirinto insular) , paulatinamente foron transformándose en agochos e niños de piratas, bucaneiros, filibusteiros especialmente ingleses. Así no século XVIII, os lealistas británicos que deixaran Nova Inglaterra por mor dos sentimentos anti-británicos trasladáronse ás illas. Debido ao gran número de colonos británicos nas illas, a soberanía do arquipélago traspasouse de España a Reino Unido, e as Bahamas foron declaradas colonia británica en 1783. En plena Segunda Guerra Mundial, o Duque de Windsor (anteriormente o rei do Reino Unido, Eduardo VIII) é nomeado Gobernador Xeral das Bahamas e viaxou a esas illas en compañía da súa esposa, a duquesa de Windsor, Wallis Simpson en 1940 para exercer ese cargo de Gobernador Xeral ata 1945. En 1973, os habitantes das Bahamas votaron a favor da independencia e declaráronse independentes do Reino Unido, aínda que permaneceron dentro da Mancomunidade Británica de Nacións (Commonwealth). Desde a súa independencia, as Bahamas prosperaron notablemente grazas ao turismo, á banca internacional e a xestión de investimentos.
- PolíticaA monarca británica, a Raíña Elizabeth II, é tamén a xefa de estado das Bahamas, membro da Comunidade Británica de Nacións. Ela representa ás Bahamas, é unha gobernadora xeral, designada por ela mesma. A cabeza do goberno é o primeiro ministro, polo xeral o líder do partido que gaña as eleccións no parlamento. O parlamento de Bahamas comprende dous cámaras, o Senado (con 16 membros) e a Asemblea (con 40 membros). As eleccións celébranse cada 5 anos.
- Organización territorial![]() Bahamas está subdividido en 21 distritos:
A maioría do país é plano aínda que as illas ten unha costa moi irregular. O punto máis alto do país é o monte Alvernia, de 63 metro, situado na illa de Alvernia.
- ClimaO clima das Bahamas é entre tropical e subtropical, estando moderado polo influxo das augas da corrente do Golfo, sobre todo no inverno. Estas illas, como todo o Caribe, sofren o azoute dos furacáns, cuxa tempada dura desde finais de verán ata últimos de outono. O furacán «Andrew» golpeou as illas setentrionais en 1992, o «Floyd» a case todas en 1999, e o «Frances», en 2004, é considerado como un dos peores.
- Economía
Bahamas é unha das nacións máis estables e economicamente desenvolvidas do Caribe. A súa economía baséase sobre todo no turismo e no sector financeiro, que se benefician da súa condición de paraíso fiscal. O turismo representa algo máis da metade da súa economía. A industria e a agricultura, doutra banda, só representan un dez por cento. A renda per cápita estímase para o ano 2006 en US$ 21 300. A unidade monetaria do país é o dólar das Bahamas.
- DemografíaA maioría dos Bahameños son negros (85%), sendo os brancos a principal minoría (10%). O idioma oficial é o inglés, falado por case todo a poboación, aínda que popularmente fálase o «patois». Un número pequeno de inmigrantes haitianos falan criollo (creole). O español, é falado na súa maioría por inmigrantes cubanos e estadounidenses de orixe hispana. Bahamas é un país moi relixioso. O cristianismo é a pincipal relixión, prendominando as confesións protestantes como os baptistas, seguidos dos anglicanos. Os católicos son o 19% da poboación. Cultos sincréticos como o obeah, parecido ao vudú, son practicados por algunhas persoas.
- Cultura
- Arte
- Deporte
En xullo realízase o torneo de pesca máis importante das illas, onde os habitantes máis destros neste deporte asombran aos turistas coa súa rapidez e precisión. Tamén en setembro realízanse torneos de música e baile, onde se pon a proba os magníficos golpes da música afro e os seus míticos bailes. Bahamas forma parte da Federación Internacional do Fútbol Asociado (FIFA), participando o seu equipo en torneos internacionais a nivel mundial, aínda que non con moita sorte. Por suposto que coa beleza da paisaxe, e as súas marabillosos corais, o mergullo e o snorkell son os deportes máis practicados. Pero ademais realízanse toda clase de deportes náuticos. Para sentirse máis protexido e seguro, os nativos, préstanse como guías tanto nas profundidades como nas Illas.
- Ligazón externas
Categorías: Países de América | Illas do Caribe | Bahamas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
News
Photo
History
Site
france
espana
Türkiye
Oran
alger
mostaganem
tenes
cherchell
algérie
algérie
algerie
mostaganem
CV