History : Illas Feroe - FøroyarIllas Feroe - Føroyar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Illas Feroe (Føroyar en feroés, Færøerne en dinamarqués, o que significa "Illas de cordeiros") son un grupo de illas no Atlántico Norte, entre Escocia e Islandia. Esta nación pertencen ao Estado danés. Desde 1948 teñen un goberno autónomo para case tódolos asuntos exceptuando a defensa e as relacións exteriores.
- XeografíaAs illas Feroe son un arquipélago de 18 illas situadas a 62° de latitude norte e 7° de lonxitude leste, cunha distancia de 113 km de norte a sur e 75 de leste a oeste. En total, teñen 1.117 km de costas. As illas presentan unha morfoloxía abrupta, rochosa, con costas de cantís recortadas por fiordos (ningún punto das illas está a máis de 5 km do mar). O punto máis alto é o pico Slættaratindur, a 882 metros sobre o nivel do mar, en Eysturoy. O clima é oceánico, marcado pola influencia temperada da Corrente do Golfo, o que o fai moi suave se se considera a latitude. Así, en Tórshavn non se observan medias mensuais negativas, oscilando entre os 0,3° de xaneiro e os 11,1° de agosto, cunha media anual de 6,7°. A amplitude térmica é pois moi reducida, con veráns frescos e invernos suaves. Con respecto ás precipitacións, aproxímanse aos 1.400 mm ao ano, cun mínimo relativo en primavera-verán. O ceo está en xeral nubrado, coa presenza habitual de brétema. O forte vento é tamén habitual.
- IllasTódalas illas están habitadas agás Lítla Dímun. Datos de poboación correspondentes ó 31 de decembro de 2003.
- HistoriaVéxase artigo principal Historia das Illas Feroe Tras un pouco claro poboamento celta de carácter intermitente, as illas Feroe foran colonizadas por escandinavos provenentes de Noruega no século IX, á que se acabaron sometendo durante o século XI, ao tempo que o cristianismo era introducido nas illas. Cando Noruega se uniu a Dinamarca coa Unión de Kalmar, as illas Feroe pasaron á coroa danesa, baixo a cal permaneceron tralo tratado de Kiel (que supuxo a separación norueguesa). Durante a Segunda Guerra Mundial, conquistada Dinamarca pola Alemaña nazi, as illas serían ocupadas polos británicos, o que fomentou os sentemintos favorábeis ao autogoberno perdido séculos atrás. As demandas de autogoberno cristalizaron na autonomía que recibiron en 1948. As illas Feroe non pertencen á Unión Europea, onde rexeitaron entrar ao facelo Dinamarca en 1973.
- PoboaciónDos 48.000 habitantes que teñen as illas, un 89,9% son nativos, un 8,1% son cidadáns nados noutras posesións da coroa: (Dinamarca, Groenlandia). De entre os estranxeiros, que o 2003 proviñan de 77 países diferentes, os máis abundantes son os islandeses (0,4%) seguidos dos noruegueses e os polacos (0,2% ambos).
- EconomíaA economía das illas estaba tradicionalmente baseada na cría de cordeiros e sobre todo na pesca (bacallau, arenque). Porén, esta pasou por unha grave crise a finais dos 1980 e comezos dos 1990, cunha baixa das capturas. Aínda cando actualmente a situación ten mellorado (o paro apenas chega ao 4%), téntase diversificar a economía promovendo o turismo, as novas tecnoloxías e incluso a propia base pesqueira da economía estabelecendo piscifactorías e novas plantas de procesamento do peixe. Malia todo, a mocidade tende a marchar para Dinamarca para ir á universidade, co que a poboación mais cualificada, a que podería posibilitar a transformación económica, deixa as illas. A raíz disto, recentes achados de petróleo en prospeccións preto das illas abren a posibilidade dun hipotético empurre económico motivado polo "ouro negro".
- Véxase tamén
- Ligazóns externas
Categorías: Dinamarca | Illas e arquipélagos | Illas Feroe | Países |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
News
Photo
History
Site
france
espana
Türkiye
Oran
alger
mostaganem
tenes
cherchell
algérie
algérie
algerie
mostaganem
CV